Goretti Sanmartín propón que o Imelga se constrúa en Boisaca

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
Representantes do BNG mantiveron un encontro coa veciñanza afectada que rexeita a instalación nas Fontiñas
Goretti Sanmartín propón que o Imelga se constrúa en Boisaca

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021.-  A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, trasladará ao Pleno unha iniciativa para reclamar que se constrúan as instalacións do Instituto de Medicina Legal de Galiza (Imelga) en Boisaca, enfronte do tanatorio.

A veciñanza das Fontiñas está en desacordo coa instalación do Instituto de Medicina Legal de Galiza (Imelga) neste barrio, segundo a información que trasladaron ao BNG nunha reunión de persoas afectadas.

“Entre as posibilidades de cesión de terreo municipal, barallouse tamén unha parcela situada nas inmediacións do cemiterio de Boisaca, que para o alcalde era unha opción preferente”, afastada de zona residencial e que non causaría malestar á veciñanza, explicou Goretti Sanmartín.

Por estes motivos, o BNG instará o Goberno local no vindeiro Pleno a atender a petición da veciñanza das Fontiñas para buscar un emprazamento afastado da zona residencial para a construción do Imelga.

Deste xeito, propón a posibilidade de instalar o Imelga na parcela situada nas inmediacións do cemiterio de Boisaca, sen causar malestar entre a veciñanza.

Na información publicada tanto polo Concello como pola Xunta, sinalábase que esta nova sede acollerá a dirección do Imelga e a subdirección territorial de Santiago de Compostela, ademais de contar con oficinas, consultas, espazo para arquivos e para o acceso dos furgóns mortuorios ou cámaras frigoríficas mortuorias, entre outras dependencias. Entre o seu persoal, dispón de médicos/as forenses, psicólogos/as, traballadores/as sociais, funcionarios/as administrativos e auxiliares de autopsia.

Goretti Sanmartín propón que o Imelga se constrúa en Boisaca