PLENO

Goretti Sanmartín reclama que se doten de iluminación pública os accesos ao Museo do Pobo Galego

bng
bng
Traslada unha iniciativa ao Pleno para mellorar o sistema de iluminación das rúas do Home Santo e da Angustia e dos barrios onde se detecte este problema
Goretti Sanmartín reclama que se doten de iluminación pública os accesos ao Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2021.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, trasladará unha iniciativa ao Pleno de decembro para que o Goberno local dote de iluminación pública eficiente os accesos ao Museo do Pobo Galego, as rúas do Home Santo, da Angustia e aquelas zonas doutros barrios onde se detecte este problema.


 

O grupo municipal do BNG recibiu queixas da falta de iluminación pública nos accesos ao Museo do Pobo Galego, unha zona que queda completamente escura a partir das 18:00 horas durante o inverno. O feito de non dispor de luz no tramo de entrada, tanto desde a Costa de San Domingos como desde a rúa Ramón del Valle Inclán, dificulta a subida e baixada de escaleiras e, especialmente, o tránsito pola zona axardinada situada no frontal da Ala Sur.


 

Ademais, o BNG quere recordar que xa trasladou en reiteradas ocasións (decembro de 2015, marzo de 2020 e setembro de 2020) a necesidade dunha correcta iluminación das rúas do Home Santo e da Angustia, con proxección para as beirarrúas para reducir a contaminación, así como dos lugares doutros barrios onde se detecte este problema.


 

En concreto, nas rúas do Home Santo e da Angustia, onde se realizou unha intervención en 2011 con obras de renovación de pavimentos e de servizos, colocación de bancos de pedra e de árbores, quedou pendente instalar un novo sistema de iluminación para corrixir os problemas derivados da existencia de farolas antigas.


 

Na actualidade, a iluminación das rúas do Home Santo e da Angustia segue a ser deficiente pese a ser vías transitadas por centos de persoas que residen neses edificios, polas que acoden comprar nesa zona de comercio e polas que asisten ao local de ensaio dun grupo de danza e música tradicionais alí situado e que padecen estes problemas. Ademais de ser necesarios máis puntos de luz, moitas das farolas alí situadas están á altura do segundo andar dos edificios co que se perde a súa funcionalidade e provocan contaminación lumínica.


 


 

Goretti Sanmartín reclama que se doten de iluminación pública os accesos ao Museo do Pobo Galego