Goretti Sanmartín require que se recupere a caseta das hortas de Belvís
Trasladará un rogo ao vindeiro Pleno municipal para o seu mantemento
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2016.- O grupo municipal do BNG trasladará ao vindeiro Pleno un rogo para recuperar a caseta común da hortas de Belvís, destinado a gardar os apeiros de labranza, ademais da necesidade de adoptar medidas que permitan garantir o seu mantemento.
En xuño de 2008 entregáronse as autorizacións de uso das hortas de Belvís, as parcelas estaba identificadas con cadanseu número e nome da persoa que a cultivaba. Ademais, tamén se lles facilitou un espazo de usos comúns con aseos e vestiarios, que dispoñía de ferramentas para cultivar a terra, mesas, bancos e tamén dun taboleiro de anuncios, ademais de servir para gorecerse cando chove.
Na actualidade, debido á falta de coidado e de mantemento, esta caseta presenta un estado lamentábel e as inmediacións ofrecen unha imaxe degradada que dista do obxectivo para o que foi creada.