PLENO

Navia Rivas proporá no Pleno acondicionar o parque das Fontiñas próximo aos Xulgados que está en situación de abandono

As Fontiñas
As Fontiñas
“Pódese impulsar unha nova zona verde con flores, bancos, papeleiras e elementos de ximnasia para habilitar un parque biosaúdabel para o encontro interxeracional de maiores e crianzas”, explicou a concelleira do BNG
Navia Rivas proporá no Pleno acondicionar o parque das Fontiñas próximo aos Xulgados que está en situación de abandono

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022.-  A concelleira do BNG Navia Rivas defenderá no Pleno de setembro unha iniciativa para habilitar novos espazos para o encontro e para o lecer no barrio das Fontiñas, un dos máis populosos de Santiago de Compostela.

“Un deses lugares pode ser na proximidade dos Xulgados onde existe unha superficie en situación de abandono, en que están depositados restos de obras e entullos que cómpre retirar”, explicou. Os bancos, varandas e demais mobiliario que hai nese espazo están coa pintura descunchada e moi deteriorados.

“Deste xeito, desde o BNG consideramos que este lugar se pode acondicionar para contar cunha nova zona verde, con flores, bancos, papeleiras e elementos de ximnasia para habilitar un parque biosaúdabel para o encontro interxeracional de maiores e crianzas; trátase de integrar este espazo no barrio”, indicou a concelleira.

Así, reclamará que o Goberno local retire os entullos e restos de obras depositados nas Fontiñas e se proceda a acondicionar este espazo para favorecer o encontro das persoas residentes coa instalación de novos elementos dun parque biosaudábel, bancos e papeleiras.

Navia Rivas proporá no Pleno acondicionar o parque das Fontiñas próximo aos Xulgados que está en situación de abandono