PLENO
Navia Rivas reclama o acondicionamento da contorna do multiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022.- A concelleira Navia Rivas defenderá no Pleno unha iniciativa para que o Goberno local proceda ao acondicionamento da contorna do multiusos Fontes do Sar
O multiusos Fontes do Sar integra unhas instalacións deportivas e de lecer que congregan milleiros de persoas usuarias, participantes en adestramentos e competicións de clubs federados, ademais de espectáculos musicais e outros eventos que alí se organizan, explicou.
Deste xeito, debe realizarse un mantemento adecuado da súa contorna, acaído á necesidade de tránsito de milleiros de persoas, especialmente nas áreas de estacionamento de autobuses e vehículos particulares, pois na actualidade hai unha gran proliferación de fochancas que, cada vez, adquiren maiores dimensións.
“Isto está a provocar problemas de seguranza viaria, de desgaste de rodas e de suspensión dos vehículos”, advertiu a concelleira, “polo que desde o BNG reclamamos que o Goberno local, a través dos departamentos que correspondan, proceda ao acondicionamento da contorna do multiusos Fontes do Sar.