OBRAS

Navia Rivas traslada unha iniciativa para instar a concluír as obras pendentes en Vista Alegre

Navia Rivas
Navia Rivas
Lembra que o BNG solicitou na inclusión dos remanentes de 2021 un plan de mellora do remate das obras de Vista Alegre, cunha dotación de 100.000 euros, que está pendente de executar
Navia Rivas traslada unha iniciativa para instar a concluír as obras pendentes en Vista Alegre

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2023.- A concelleira Navia Rivas anunciou que o BNG levará unha iniciativa ao Pleno de febreiro para instar o Goberno local a concluír as obras pendentes en Vista Alegre e mellorar a estética e funcionalidade do mobiliario urbano alí instalado.

“O BNG solicitou na inclusión dos remanentes de 2021 un plan de mellora do remate das obras de Vista Alegre, cunha dotación de 100.000 euros, que foi aprobado mais aínda está pendente de executar”, explicou a concelleira.

En concreto, é necesario eliminar a presenza de cables polas fachadas dos edificios, que mesmo obstaculiza a apertura de ventás, e corrixir os defectos en varandas e en colectores soterrados, xunto coa ausencia de papeleiras pendentes nos soportes instalados, engadiu

Por estes motivos, desde o BNG trasladaremos ao Pleno unha pregunta para coñecer cando ten previsto o Goberno local realizar esta actuación para rematar as obras en Vista Alegre.

Navia Rivas traslada unha iniciativa para instar a concluír as obras pendentes en Vista Alegre