INFRAESTRUTURAS

Rubén Cela considera de “importancia estratéxica” o enlace orbital para mellorar a mobilidade e a zona industrial

orbital1
Enlace orbital

Fomento acoutou o seu compromiso a unha primeira fase e sen data de finalización, advirte o BNG

Rubén Cela considera de “importancia estratéxica” o enlace orbital para mellorar a mobilidade e a zona industrial

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017.- O portavoz nacionalista en Raxoi, Rubén Cela, sinala a “importancia estratéxica” do enlace orbital para mellorar a comunicación en Santiago de Compostela, tanto en competitividade na zona industrial norte como en mobilidade.

Referiuse a que este enlace orbital permitirá conectar o aeroporto central da Galiza de xeito directo a través de vías de alta capacidade e tampouco sería comprensíbel que non exista un acceso dende a AP-9 coa avenida de Lugo (A-54), ademais da mellora da conectividade e competitividade da zona industrial norte.

“Dende o BNG levamos moito tempo denunciando que esta obra ía quedar a medias e, por desgraza, o tempo está a darnos a razón”, afirmou Rubén Cela. “Denunciámolo nos Orzamentos Xerais do Estado dos últimos dous anos”, en 2016 había consignados 3 millóns de euros e en 2017 asignáronse 5 millóns dos 31 totais, engadiu.

Logo da reunión do ministro Íñigo de la Serna co alcalde Martiño Noriega, da que dixera saír moderadamente satisfeito, ao BNG lle saltaban todas as alarmas cando o titular de Fomento “acoutaba o seu compromiso exclusivamente a unha primeira fase e sen data de finalización”. No mellor dos casos, será para 2021.

“Para o BNG, como non exista unha forte presión, acontecerá como co túnel de Conxo, unha obra con demora, mal executada e dunha fase aínda por facer”, explicou.

Rubén Cela considera de “importancia estratéxica” o enlace orbital para mellorar a mobilidade e a zona industrial