Rubén Cela pregúntalle ao alcalde polos microbuses eléctricos que anunciou o Goberno local en 2012

Rubén Cela pregúntalle ao alcalde polos microbuses eléctricos que anunciou o Goberno local en 2012

É un exemplo máis de promesas incumpridas do PP que se presentaron sen un plan detrás para a súa posta en marcha

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015.- O portavoz grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, ao abeiro das declaracións do alcalde sobre os vehículos eléctricos e o uso de enerxías alternativas, pregúntalle onde quedou a promesa do PP de Santiago de adquirir dous microbuses, toda vez que en 2012 o Goberno municipal xa avanzara o itinerario e a capacidade de cada vehículo, que oscilaría entre 15 e 20 prazas, de xeito que un podía ser usado mentres o outro se recargaba.

Esta iniciativa, que se presentou e non se realizou, formaba parte dun plan de mellora do transporte público, que contemplaba tamén deixar algunha rúa con sentido único para vehículos particulares, pero con dobre dirección tanto para os autobuses como para os taxis.

Sen resposta dos puntos de recarga, unha mellora da empresa da ORA

Ademais, o BNG realizoulle unha pregunta por rexistro ao alcalde o pasado 24 de febreiro, sen obter resposta, para saber se se instalaron dous puntos de recarga de vehículos eléctricos, tal e como se comprometera a empresa adxudicataria da ORA e do guindastre na súas propostas de melloras.

Para o BNG, é un exemplo máis de promesas incumpridas do PP que se presentaron sen un plan detrás para a súa posta en marcha e que só conseguen crear un desapego da cidadanía á política, ademais da posíbel falta de control do contratos das empresas concesionarias.

Rubén Cela pregúntalle ao alcalde polos microbuses eléctricos que anunciou o Goberno local en 2012