Suso de Toro e Margarita Ledo participan na presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas
O acto, aberto ao público, será este xoves ás 20:00 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015.- O acto de presentación da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, previsto para este xoves ás 20:00 horas no centro sociocultural das Fontiñas, contará con intervencións do escritor Suso de Toro e da profesora Margarita Ledo, ademais do portavoz nacional Xavier Vence, do candidato Rubén Cela e de diversas persoas integrantes da candidatura. A cantante Alba María será a encargada de amenizar o acto, aberto ao público.
O BNG, despois desta primeira fase do proceso electoral dos comicios de maio de 2015 na que integrou nove persoas non militantes na candidatura, abre unha nova etapa baseada nunha campaña de ti a ti, con Cafés para 5, onde as persoas candidatas intercambiarán ideas con colectivos de cada barrio para mellorar a cidade de Santiago de Compostela.
Ademais de Rubén Cela (1), licenciado en Economía e actual portavoz municipal, forman parte Goretti Sanmartín (2), doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e activista do movemento feminista; Rafael Vilar (3), escritor e traballador na CIG, ademais de concelleiro; Concha de la Fuente (4 independente), ex-presidenta da asociación veciñal A Xuntanza de San Pedro e traballadora da Radio Galega; Lois Calvelo (5), ex-presidente da asociación veciñal do Castiñeiriño e activista do movemento veciñal; e Pilar Lueiro (6), profesora de lingua galega e traballadora no grupo municipal.
Tamén forman parte da lista Odilo González (7), enxeñeiro informático, membro de Suevia Fútbol Gaélico; Marta Domínguez (8), traballadora dunha planta de reciclaxe e activista da Plataforma de afectados/as polas participacións preferentes; Xosé Lois Mouriño (9), músico e artesán de instrumentos tradicionais; Lucía Carreira (10), presidenta da Asociación Cultural-Musical Solfa e ex-vicepresidenta da Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Seguen Salvador Martí (11), hostaleiro do bar Abrente e presidente da Asociación de Hostalería Solidaria; Manuel Domínguez (12), presidente da Agrupación de Emigrantes Retornados; e Margarida Ledo (13), catedrática de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da USC.
No seguinte tramo van Xabier Baldomir (14, independente), director do CEIP Santiago Apóstol; Tania González (15), pedagoga, emprendedora, traballou na escola do CHUS e é profesora de Brincadeira; Jonatan Barral (16, independente) estudante de Ciencias da Comunicación, practica hípica e é medalla de bronce no campionato de España paraecuestre; Lorena Tarrío (17) realizou ciclos superiores de Nutrición e Laboratorio e actualmente prepara oposicións ao Sergas.
Continúan Fernando García Tobío (18, independente), economista e traballador na Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación; Belén Varela (19, independente) estudante de psicoloxía e música na banda Solfa; Gabriel López (20), labrego e forma parte da Mesa Nacional da Fruga; Isabelle Kerdudo (21), profesora da Escola Oficial de Idiomas e activista polos dereitos dos animais en Abeiro e Adega; Jakson René Rodrigues (22), doutorando en Turismo e traballa de xestor de internacionalización; Sabela Mouriz (23, independente), activista feminista; Xosé Manuel Casaleiro (24), director do CEIP Pío XII; e Elvira Cienfuegos (25), concelleira e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xelmírez II.